A Deputación anula unha obra que non se fixo en Piñor

O presidente da Deputación provincial, José Luis Baltar, firmou unha proposta de resolución á comisión informativa de Obras para a anulación dun proxecto do ano 2008 que non pudo ser executado polo Concello de Piñor. Concretamente, trátase da construcción dunha ponte sobre o río Arenteiro na localidade de Obenza, correspondente 'ó Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal do exercicio 2008', tal e como figura no documento asinado por José Luis Baltar.
A presidencia do organismo provincial tiña delegada na alcaldía de Piñor a contratación dos traballos da ponte, ó traverso dun decreto de agosto do pasado ano. Nembargantes, o alcalde deste municipio, o socialista Francisco José Fraga remitu á Deputación un escrito no que indicaba dificultades xurdidas na tramitación da obra ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo que non autorizou a execución do proxecto.

A construcción da ponte, que suporía un investimento de 42.370 euros, era unha demanda dos veciños dos pobos de Obenza e A Torre, na parroquia de San Paio de Loeda, xa que permitiría un bó paso sobre o río Arenteiro para que poidesen desplazarse ata as súa fincas de cultivo. Esta iniciativa fora promovida polo anterior concelleiro de Infraestructuras de Piñor, o nacionalista Xavier Saco, agora na oposición. A Deputación remitirá ó Goberno central o acordo de anulación.

Te puede interesar