Un enterro reivindica a xornada única no colexio

A comitiva percorreu as rúas do Carballiño para simbolizar el entierro de la democracia. (Foto: Martiño Pinal)
O colectivo de nais e pais que reivindica a xornada lectiva continuada no colexio público “Calvo Sotelo” protagonizou na compaña dos seus fillos un simulacro de “Enterro da democracia”, en protesta pola decisión de Educación de non permitirlles a convocatoria dun referéndum para tomar unha decisión.
Unha comitiva integrada por un cento de persoas concentrouse na Praza Maior da vila, onde se colocou unha caixa xigante que imitaba unha das “huchas” nas que a comisión escolar recolle nos últimos días céntimos de euro para “sufragar” os gastos que a Xunta asegura supón a implantación da xornada única. O voceiro da comisión, Ricardo Paz, sinalou que “mañá (por hoxe) falaremos coa xefa de Educación a fin de comprobar se xa hai unha avaliación encol do estudio de aforro comprometido por o conselleiro”. Os pais aseguran que “coa supresión da xornada partida, o orzamento de gastos de transporte pode baixar ata os 1.000 euros diarios”.

Te puede interesar