FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
ASAMBLEA ANUAL
O Instituto de Estudios Carballiñeses pecha un frutífero ano 2024, no que celebra o seu 25 aniversario, con cinco novas publicacións e incorporando 15 socios cos que xa alcanza os 327 de distintas disciplinas profesionales e da cultura e as artes
Primeiramente, onte celebrouse a asemblea anual, que deu paso no Casino do Carballiño a un acto no que se presentaron catro das publicacións, concretamente a segunda edición do libro “A Vera Cruz” de Antonio Palacios, que acadou o premio Antón Losada Diéguez este ano; a obra “A poesía inédita” de Rafael Melero e o libro “150 Aniversario do Nacemento de Antonio Palacios”; ademais do número 42 da revista Ágora do Orcellón.
Foron varios colaboradores e autores destas obras os que participaron, contando tamén coa actuación de María do Ceo, que interpretou varias pezas musicais.
Entre as autoridades que asistiron, estivo o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen destacou “o compromiso do Instituto de Estudios Carballiñeses que, ao longo destes 25 anos, se materializou en importantes actividades, todas elas de fomento do uso da lingua galega e do labor investigador nas diferentes ciencias, técnicas e artes”. “Un traballo rigoroso que sitúa no mapa cultural e científico galego o Carballiño e toda a súa comarca”, sinalou.
O presidente da entidade, Avelino Muleiro, apuntou algúns dos proxectos para o 2025, referíndose á publicación da “Guía Cultural do Carballiño”, dous números de Ágora do Orcellón, e un libro sobre a historia galega dos títeres, que leva por título “Na procura de ruliño”. Ademais, está en estudo unha publicación sobre as aldeas baleiras e proxectos de recuperación e convocarase o segundo concurso de microrrelatos e un novo Curso de Termalismo coa Universidade de Vigo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 5 de agosto
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Galería | 700 kilos de sabor y anguilas para mantener viva la Festa da Anguía, en fotos