Un fallo xudicial obriga a un propietario de Punxín ó derrubo dun valado na N-541

Un fallo dictado polo Xulgado do Contencioso Administrativo número un de Ourense obriga o derrubo dun muro de propiedade privada ubicado nunha das marxes da estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) ó seu paso por Punxín.
A demolición, que se terá que facer efectiva no prazo dun mes logo da notificación, ven propiciada pola falta dun informe técnico por parte do titular do terreo que avalase ‘as afirmacións feitas pola mesma en relación o carácter móbil da instalación e o cumprimento da altura esixida na licenza’, sinala o alcalde do municipio, Alfredo Cruz.

Neste sentido, o rexedor socialista apunta que ‘somentes foi presentado un documento feito pola empresa que colocou o valado no que se detallan os materiais utilizados no mesmo, e por iso o xuiz desestimou o recurso contencioso interposto no ano 2004 polos propietarios’. Os feitos remóntanse ó ano 2003, cando o Ministerio de Fomento deu licenza para realizar esta obra, que foi tramitada e obtivo o visto bó da antiga comisión municipal de goberno.

Demolición

Ó ano seguinte, un informe técnico encargado polo Concello de Punxín técnico aconsella a demolición do peche situado na marxe dereita da estrada N-541, ‘por non axustarse ás condicións requiridas na licenza de obra, xa que a construción excedía en altura o límite fixado no proxecto’, lembra Alfredo Cruz. No fallo desestímase o recurso dos propietarios da construción contra o Concello de Punxín e ordénase a demolición das obras do cerre da propiedade, e na mesma sentencia especifícase que non cabe recurso de apelación.

Te puede interesar