A futura planificación urbanística condiciona a construcción de vivendas protexidas

A convocatoria feita pola alcaldía do Carballiño para explicar os propietarios dos terreos afectados polo proxecto de creación de vivendas protexidas por parte da Xunta suscitou as suspicacias da oposición municipal.
Na xuntanza, que se celebrou na noite do pasado martes, a concelleira de Planificación Urbanística, Asunción Rivero, anunciou ós titulares de fincas que ‘o Concello vai propoñer á Consellería de Vivenda que o plan sectorial respete a normativa urbanística actual e futura (PXOM), que contempla a apertura dun vial de circunvalación’.

Ademais, a edil socialista sinalou que ‘tamén solicitaremos que se teñan en conta as posibles alegacións que presenten os propietarios sobre a valoración dos terreos’. Neste sentido, o voceiro do BNG, Manuel Amil, apuntou que ‘o grupo de goberno non pode falar do futuro PXOM, xa que a súa aprobación depende dunha Corporación na que non teñen a maioría’. O edil nacionalista advirtiu que ‘o señor alcalde está a xogar cun investimento de nove millóns de euros que ansían outros municipios’.


Te puede interesar