Galicia Central solicita a entrada nun programa europeo

Os concellos de Galicia Central, Carballiño entre eles, acordaron solicitar a incorporación ó programa Interreg IV-B, destinado á reactivación económica mediante o fomento da agricultura ecolóxica e o ecoturismo, a mellora da competitividade e o fortalecemento da identidade local e cultural.
ue está Carballiño co fin de promocionar conxuntamente actividades de promoción, acordaron en Lalín solicitar a incorporación ao programa Interreg IV-B. Programa Sudoeste Europeo 2007-2013, destinado á reactivación económica mediante o fomento da agricultura ecolóxica e o ecoturismo, a mellora da competitividade do territorio a través da cooperación intermuni cipal e o fortalecemento da identidade local e cultural.

A xuntanza, celebrada na Casa do Concello lalinense, contou coa presenza dos alcaldes de Melide, Socorro Cea, e do Carballiño, Carlos Montes, así como do concelleiro de Urbanismo de Lalín, Román Rodríguez, e técnicos do Concello de Monforte.

O proxecto que presentará Galicia Central ao programa Interreg IV denomínase ‘Coop-Terroirs: Territorios rurais en cooperación pola eco-excelencia’. Esta iniciativa desenvolverase en colaboración coa entidade portuguesa Douro Alliance, integrada polos municipios de Vila Real, Peso de Régua e Lamego, e a francesa Aex Les Thermes. A duración prevista do proxecto será de dous anos e o orzamento superará os 850.000 euros, dos que o 75 por cento será aportado a través de fondos europeos.

Te puede interesar