Homenaxe na Festa da Palabra a Arcadio López

A Festa da Palabra celebrarase o próximo 29 de xullo na Insua dos Poetas, na Esgueva, da parroquia de Madarnás do Carballiño

Foto de archivo de una edición pasada de la Festa da Palabra
Foto de archivo de una edición pasada de la Festa da Palabra

A Fundación Insua dos Poetas organiza esta 15ª edición na que se rendirá homenaxe a Arcadio López - Casanova (Lugo 1942 - Valencia 2022). Foi poeta, profesor e investigador, entre outras facetas profesionais, ademais de ser un gran amigo do presidente da entidade organizadora do evento e impulsor da Insua dos Poetas, Luis González Tosar, quen se refire ao homenaxeado lembrando a súa estancia na Insua coincidindo coa celebración dos 150 anos de “Cantares Galegos”.

O acto terá lugar ás 11,30 horas e ademais da homenaxe a Arcadio López - Casanova tamén se entregarán os premios Insua dos Poetas, que decidirá a fundación na súa próxima reunión días antes da Festa da Palabra.

Os galardóns recoñecen o labor literario, a conservación do medio ambiente, a promoción da cultura e a lingua no exterior, a traxectoria dunha entidade cultural e deportiva do Carballiño e tamén un premio á iniciativa empresarial, entre outros.

No transcurso da celebración haberá tamén música en directo a cargo de Aurum Ensemble e Airiños de Candelas e descubrirase a obra do artista ourensán Antón Pulido, que será a 15 peza escultórica que pasará a formar parte deste parque natural e cultural que é a Insua dos Poetas.

Ademais, os asistentes tamén poderán participar nun xantar de irmandade na ourensanía, segundo Luis González Tosar.

Contenido patrocinado

stats