Máis de 70.000 euros costarán as deficiencias da depuradora

Coa posta en funcionamento en periodo de probas da nova depuradora de augas residuais do río Carrás, a Concellalía de Medio Ambiente detectou que ata 14 acometidas siguen conectadas ao antigo colector, co cal a planta recibe augas limpas que deberían descurrir polo río e o mesmo tempo siguen verquidos non tratados cara o mesmo.
A fin de subsanar esta deficiencia do proxecto orixinal, encargouselle aos servizos técnicos de Aquagest un estudio e valoración dos traballos precisos para solventar o problema, que requiren unha inversión de máis de 70.000 euros, que se engadirán ós nove millóns que costou esta instalación, e que a Concellería pedirá a Augas de Galicia.

A primeira intervención será para recoller as augas de Maside mediante un colector novo que substituirá ao vello e conectará coa rede á altura do ambulatorio. Asemade, dende Alexandre Bóveda farase unha conexión que aliviará a capacidade dos colectores da zona. Tamén é necesaria unha pequena obra para dar servizo a algunhas vivendas polo camiño que baixa na perpendicular de Flores e sigue a Señorín.

As principales obras efectuaranse recollendo as augas de Aquilino Sánchez para levalas á ponte da estrada de Señorín cunha rede de 134 metros para canalizar tamén as augas das rúas Riobóo, Saleta e San Benito, eliminando unha fosa que verque polas fincas. Completase a obra cun enlace na fachada sur de Mesego do Cabo.

Te puede interesar