O CARBALLIÑO

Medio Ambiente creará una senda ecolóxica no río Arenteiro

O sendeiro irá pola marxe dereita do río, comezando o seu percorrido na antiga fábrica de papel de Lousado e terá  unha lonxitude total de 400 metros

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo na mañá de onte unha reunión co alcalde de Piñor, José Luís González, ao que lle confirmou a colaboración da Xunta de Galicia na execución dunha senda ecolóxica fluvial no río Arenteiro ao seu paso por este municipio. 

Tal e como se recolle na proposta presentada polo Concello de Piñor ante a Administración autonómica, o sendeiro irá pola marxe dereita do río, comezando o seu percorrido na antiga fábrica de papel de Lousado e terá  unha lonxitude total de 400 metros.

Beatriz Mato destacou que este itinerario fluvial porá en valor o patrimonio natural deste concello, ao tempo que se habilitará a zona para o goce dos veciños de Piñor e dos visitantes que queiran pasear por este entorno das ribeiras do río Arenteiro. 

Te puede interesar