A mostra ‘A comedia dos domingos’ reúne a catro grupos galegos de teatro afecionado

Xosé Prada, Inmaculada Ucha e Antonio Rey, co cartel. (Foto: Martiño Pinal)
O Auditorio municipal do Carballiño acolle a partir do vindeiro día 19 o festival de teatro ‘A comedia dos domingos’, organizada polo grupo local Tiruleque e no que participarán catro compañías afecionadas de toda Galicia. O Concello carballiñés aporta un orzamento de 2.700 euros.
A falla de apoio da Consellería de Cultura ó proxecto da segunda edición da ‘Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón’ obligou ó grupo carballiñés Tiruleque -encargado da organizacióna modificar o programa e transformalo no festival ‘A comedia dos domingos’, co apoio do departamento municipal de Cultura.

Un total de catro compañías afecionadas das diferentes provincias galegas ofrecerán no Auditorio do Carballiño outras tantas representacións os días 19 e 26 de outubro e 9 e 16 de novembro, ás sete do serán.

O director de Tiruleque, Xosé Prada, sinalou que ‘a Concellería de Cultura aporta 2.700 euros, e cobraranse tres euros polas entradas agás o derradeiro día, no que se venderán a un euro’. Prada comentou que ‘nós pre sentamos ante a Dirección Xeral de Difusión Cultural da Xunta un proxecto para a segunda mostra cun presuposto de 10.100 euros, pero só nos concederon 2.000, que non imos utilizar’.

O grupos Teatro do Avento, de Vigo (Pontevedra), e Nova Escena (Lugo), escenificarán as obras ‘Monstros’ e ‘Pensíon 13’, respectivamente, os domingos 19 e 26 deste mes. Os días 9 e 16 de novembro, será o turno dos ourensáns Marañao Teatro, de Ourense, con ‘O achado do castro’, e de Terapia do Chicle, de Santiago (A Coruña), con ‘Unha traxedia calquera’.


’Non temos axudas para cultura’

A concelleira de Cultura do Carballiño, Inmaculada Ucha, apuntou que ‘o Concello non pode subvencionar ó 100% esta actividade, pero queremos poñer as bases para organizar no futuro unha gran mostra de teatro afecionado’. A edil socialista engadiu que ‘da Consellería de Cultura, que dirixe o BNG, non recibimos ningún tipo de axuda’, e puxo como exemplo que ‘precisamos o acondicionamento do Auditorio para actividades e non chegou nada’.

Te puede interesar