A nova asociación de hosteleiros promove un percorrido para a degustación de tapas

Os visitantes que acudan hoxe ó Carballiño disporán dunha variada oferta de tapas naqueles establecementos de hostelería que acordaron nesta semana constituir unha asociación, pendente aún dos trámites de elaboración dos estatutos. Neste novo colectivo integraranse un total de 40 locales, dos que 10 adícanse a servir pinchos gratuitos ós clientes á hora de degustar a consumición.
Deste xeito, e co apoio da Concellería de Turismo, todos os venres do presente mes de abril, os membros da nova Asociación de Hosteleiros do Carballiño promoven unha ruta de tapas que engloba a bares, cafeterías e mesóns do entorno da Praza Maior, A Veracruz e Praza do Emigrante da vila, unha iniciativa que o colectivo deberá consolidar no futuro coa organización de xornadas gastronómicas.

Neste sentido, o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, adiantou que ‘unha das alternativas posibles é fixar para cada fin de semana un percorrido centrado exclusivamente nunha determinada tapa, de xeito que veciños e turistas poidan apreciar en cada local os diferentes tipos de preparación e presentación’.

Te puede interesar