Un novo depósito acollerá os residuos da comarca

Instalacións do 'Punto Limpo' do Carballiño, en A Medela. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Os nove municipios da comarca disporán este ano dun segundo 'Punto Limpo' para o depósito de materias non reciclables, co obxectivo de reforzar o servizo que presta na actualidade o existente en A Medela, e que é propiedade do Concello do Carballiño.
O proxecto correspondente foi aprobado pola Deputación provincial cun investimento de 300.000 euros e os trámites para a licitación e adxudicación das obras extenderanse ata o mes de maio, según indicaron fontes da institución provincial. As instalacións ubicaranse na parroquia carballiñesa de Seoane, ó caron da estación de transferencia de lixo e a sede da Mancomunidade comarcal.

Esta nova infraestructura contribuirá a aliviar os contedores da Medela, onde se depositan electrodomésticos, mobiliario, neumáticos, aceites, pilas e material informático, entre outros materiais en desuso. O edil de Medio Ambiente do Carballiño, Bernardo García, adianta que 'asinaremos un convenio coa Deputación para o traslado a Seoane dos residuos sobrantes'.

Te puede interesar