Os pais piden un debate encol da xornada única no colexio

Instalacións do colexio público, no barrio de A Uceira.  (Foto: Martiño Pinal)
A Asociación de nais e pais do colexio público ‘Calvo Sotelo’ do Carballiño reclama un foro de debate encol da implantación da xornada única no centro. Ademais, instan á Xunta a facer xestión ‘dacordo cos intereses e vontades dos cidadáns’.
As nais e pais do colexio público ‘Calvo Sotelo’ do Carballiño manteñen a súa defensa da xornada única no centro, que foi solicitada por un total de 225 integrantes do colectivo que os agrupa, á vez que solicitan un debate aberto entre os diferentes sectores do ensino para rematar co horario lectivo de mañá e tarde.

Os membros da asociación consideran que ‘a modificación da xornada non supón un incremento no servizo de transporte, máis ben un aforro, e totalmente compatible a nivel de horarios’. No eido pedagóxico, lem bran que ‘en Galicia hai máis de 700 centros que teñen implantada a xornada única e nunca se observou unha perda da calidade do ensino nin unha baixada no rendemento escolar dos alumnos’.

Solucións

Por outra banda, o colectivo de nais e pais critican as declaracións do delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, que se amosou contrario a iniciativa plantexada no ‘Calvo Sotelo’. Así, apuntan que ‘o señor delegado debería buscar solucións negociadas e non tratar de impoñer opinións persoais’. Ademais, piden a Martínez que ‘centre os seus esforzos en xestionar os servizos públicos dacordo cos intereses e vontades dos cidadáns’.


Te puede interesar