Os panadeiros de Cea desexan mellorar a distribución

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea convocará a tódolos panadeiros da localidade a fin de debatir sobre a creación dunha central de compras e ventas. O presidente, Carlos Rodríguez, sinala que ’o obxectivo é unificar criterios para mellorar a distribución’.
Un grupo de panadeiros do municipio de San Cristovo de Cea plantexou a iniciativa de crear una central de compras e ventas que aglutine a tódolos industriais e sirva para unha pla nificación conxunta do seu desembolso económico.

Nunha primeira xuntanza, a asistencia de panadeiros foi escasa, ’debido á falta de información sobre a convocatoria, e por iso decidimos asumir nós a responsabilidade de tentar reunilos a todos para coordenar este tema’, sinala Carlos Rodríguez, presidente do Consello Regulador do Pan de Cea.

Complementos

O responsable da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) apunta que ’o obxectivo que se propón é unificar criterios á hora de mercar determinados productos que nós precisamos -fariña, sal, entre outrose elementos complementarios tales como bolsas e embalaxes’. Por outra banda, tamén se estudiará a posibilidade de conxugar este sistema unha central de ventas, ’a fin de conquerir a mellora na distribución do pan tanto a nivel galego coma no resto do Estado’. Carlos Rodríguez anunciará en breve a data da vindeira xuntanza, ’que penso é de moito interese para todos os panadeiros de Cea’.


Te puede interesar