A organización da recreación do mercado do século XIX anima ós visitantes a vestirse de época

A Pepa Loba volve á feira

Rebeca Ferreiro, Manuel Dacal e Rosa Núñez, durante a presentación do programa da feira. (Foto: Martiño Pinal)
A Feira e Festa da Pepa Loba celebrase no Carballiño entre o 17 e o 20 de setembro. A asociación organizadora, que conta co apoio do Concello, fai un chamamento ós ciudadáns para que participen vestidos de época nas múltiples actividades tradicionais previstas con motivo da recreación do mercado de mediados do século XIX.
A artífice da Feira e Festa de Pepa Loba, Rosa Núñez, xunto coa presidenta da asociación recemente constituida e que leva o nome da popular bandoleira, Rebeca Ferreiro, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, presentaron onte a sexta edición desta iniciativa que se emprendía no 1996 e que non se celebraba dende fai oito anos. Dacal referiuse a recreación que se fará da feira de mediados do século XIX, mostrando o apoio do Concello para o seu rexurdemento tanto no ámbito das infraestructuras como económico. ‘A Pepa Loba seica roubaba ós ricos para darlle ós pobres’, manifestou o edil, destacando ó autor do cartel, Felipe Senén. Rebeca Ferreiro referiuse á combinación da tradición coas tendencias actuais que emerxen en Galicia e que se reflexará nesta feira, entre o 17 e 20 de setembro, coincidindo coa celebración das Festas do San Cibrao.

A presidenta declarou que nas entradas ó barrio de Flores haberá carteis cos horarios de cada unha das actividades programadas e fixo un chamamento ós carballiñeses a participar vestidos de época. A baixada da Pepa Loba, xunto coa queimada caracterizada na Fonte de Flores, son algúns dos actos máis destacados da primeira xornada, na que tamén haberá obradoiros e música. Para o segundo día está previsto unha ruta teatralizada coa popular bandoleira, ademais da actuación de ‘Os sendeiros de Boborás’. Nos días seguintes, entre outras cousas, haberá un paseo de moda e malabaristas.

‘Son os rapaces que de pequenos estiveron na feira os que me pediron a súa recuperación’

A diseñadora de moda Rosa Núñez é a impulsora da Feira e Festa de Pepa Loba, que recupera agora apoiada por xóvenes da vila.

¿Por que se paralizou a feira durante oito anos?

Por falta de financiación económica e porque moitos dos artesáns morreron e outros fóronse para fora. Agora sumouse xente nova e constituimos a asociación para relanzar a feira e outras tradicións coma a Noite do San Xoan.

¿Como se lle ocurriu a idea de facer unha feira co persoaxe da Pepa Loba?

Sempre me chamou moito a atención a historia da bandoleira e a súa relación co Carballiño, dende que leín o libro de Miras Azor e dende que os meus tíos e abós me contaban as súas azañas.

¿Canta xente participará?

Na asociación estamos máis de 20 e foron os mesmos xóvenes, aqueles que de nenos participaron nas primeiras edicións, os que viñeron a pedirme a súa recuperación. Desta maneira, tamén virán novos artesáns, ademais dos tradicionais como A Nonita da Candosa que fai as corozas. Creo que se xuntarán entre 30 e 35 postos.

Ademais dos postos de venta e demostración dos artesáns, ¿que máis habera na feira?

É unha reproducción da feira antiga, da que xurdiu o Carballiño, e cada edición adícase a unhas persoaxes concretos, neste caso ás lavandeiras. Eu encárgome do vestiario e da posta en escea, incluida a baixada da Pepa Loba e a súa cuadrilla, así coma do paseo de moda adicado ás lavandeiras, rematando o día 20 con unha comida popular.


Te puede interesar