CONCELLO

A perda do obradoiro 2019 irá a pleno en Carballiño

Adolfo Nogueira, Sofía García e Ricardo Perea, no rexistro municipal solicitando o pleno.
photo_camera Adolfo Nogueira, Sofía García e Ricardo Perea, no rexistro municipal solicitando o pleno.
Fumega afirma que se perdeu a convocatoria de setembro por falta de documentación e que xa está solicitado na convotaria de xaneiro.

Os tres grupos da oposición de Carballiño (PP, Espazo Común e BNG) solicitaron un pleno extraordinario para aclarar o que consideran "a farsa da perda do obradoiro de emprego". A convocatoria feita pola Xunta de Galicia no ano 2019, perdeuse por primeira vez en moitos anos, "pola pésima xestión feita dende o concello", aseguran. E engaden que "o cénit da falsidade chegou ao longo do pleno celebrado o pasado xoves no que o alcalde Fumega, nun alarde de surrealismo, negou ata en dúas ocasións que se tivera perdido o obradoiro de emprego e recoñeceu noutras dúas que, efectivamente, este non tería lugar". Segundo afirma a oposición o alcalde "pretende facer ver que co adianto da convocatoria para este ano 2020, xa queda solucionado pero a realidade é que namentres tódolos concellos terán un obradoiro no 2019 e outro obradoiro no 2020, O Carballiño, Maside, San Amaro e Boborás só contarán con este último".

Fumega afirma que se perdeu a convocatoria de setembro por falta de documentación e que xa está solicitado na convotaria de xaneiro.

Te puede interesar