Premio literario 'Carlos Casares' para unha estudante masidá

María Álvarez Vázquez.
María Álvarez Vázquez, unha alumna de segundo curso de Educación Secundaria do colexio público 'Terras de Maside', vén de acadar o primeiro premio no prestixioso Concurso Literario Carlos Casares, convocado pola Agrupación Cultural 'O Facho' da Coruña.
María asegurou que pensa continuar cos seus relatos coa ilusión de seguir os pasos do primeiro gañador do certame, o escritor ourensán Carlos Casares, que no ano 1968 foi premiado pola súa obra 'A galiña azul'. A estudante masidá recibiu 500 euros polo seu traballo 'Unha historia do máis normal?', que trata dunha xove parella con altos e baixos; baixos e altos, e un final tráxico.

Te puede interesar