O PSdeG asesora aos emigrantes retornados

O Hotel Arenteiro do Carballiño acolleu onte unha reunión aberta á cidadanía, organizada polo PSdeG-PSOE desta comarca, co fin de asesorar e informar a todos os afectados polo arbitraria medida adoptada pola Axencia Tributaria, de sancionar de forma moi dura ao colectivo dos emigrantes retornados que perciben pensións dos países onde traballaron toda unha vida e que agora ven como son sancionados duramente 'por capricho do goberno do PP', segúndo sinalaron os socialistas. O encontro estivo dirixido pola deputada en Madrid, Laura Seara.
'Ante o inxusto desta situación, e despois de ter xa emprendida a via política, tras haber presentado mocións ao respecto en case todos os concellos, é agora o momento de continuar coa vía da contestación social, e de aglutinar a esta xente', apuntan. E refírense a que en moitos casos a xente 'se sinte incluso estafada'. A intención do PSdeG consiste en ofertarlles asesoramento legal e todos os resortes políticos dos que dispón o partido.

Te puede interesar