O PSdeG esixe disculpas polos datos falsos sobre a deuda

O grupo municipal do PSdeG do Carballiño esixelle responsabilidades e unha disculpa pública ó alcalde Arximiro Marnotes por haber apuntado unha deuda con proveedores de 11,5 millóns de euros, cando o que debe o Concello en realidade son 2,5 millóns por contratación de obras e servizos. A diferencia ten que ver cos nove millóns que se lle deben a Aquagest, pero que se ven compensados cunha cantidad similar que a empresa adeuda ó Concello polo canon da explotación.
Nese senso, os socialistas sinalan que 'non podemos deixar pasar por alto o feito de que o alcalde, Argimiro Marnotes, veña de recoñecer que os datos aportados polo noso voceiro Francisco Fumega son verídicos'.

Ademais, insiste o grupo da oposición en que 'os números feitos públicos polo concelleiro de Facenda, Emilio Carballeda; polo voceiro Martín Nogueira, pero sobre todo polo propio alcalde, son sen lugar a dúbidas un falseamento da realidade co que só tentaban enganar aos nosos veciños facéndolles crer que a cifra era moito máis alta do real'. En consecuencia, o PSdeG califica de graves os feitos e por iso, 'os membros do noso grupo e a meirande parte dos nosos veciños non temos por menos que esixirlle a Marnotes que faga un exercicio de responsabilidade e dé unha explicación creible de por qué se deron estes datos intencionadamente equivocados e por suposto unha desculpa pública pola tomadura de pelo da que fomos victimas os carballiñeses'.

Te puede interesar