PULPO OU POLBO

A Real Academia decide en marzo se acepta pulpo

pulpo en Carballiño

Fixou unha data límite coincidindo coa celebración do vindeiro pleno.

A Real Academia Galega fixou unha data límite para decidir se o termo pulpo se incorpora ó diccionario da lingua, coincidindo coa celebración do plenario entre os días 20 e 30 do vindeiro mes de marzo. A proposta plantexada polo alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, para que a palabra pulpo comparta espazo con polbo, xa recoñecida, está sendo analizada polo equipo de filólogos da Real Academia Galega, despois de ser abordada pola comisión executiva da institución o 30 de xaneiro.

Todo apunta a que os expertos trasladarán a decisión ó pleno, coa fecha exacta aínda por precisar, ó que aportarán o correspondente informe pronunciándose a favor ou en contra da proposta ou tamén se pode dar o caso de que no exista coincidencia de opinións entre eles.

De feito, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, apuntaba que o traslado do asunto ó pleno producirase se a comisión executiva considera que o resultado do informe emitido por os filólogos é litixoso, xa que de existir unha conclusión contundente, a referida comisión podería prescindir da súa presentación en pleno e tomar xa unha decisión definitiva. A espera da resolución está o Instituto de Estudios Carballiñeses, que se encargou de recabar documentación encamiñada a xustificar a reclamación do rexidor do Carballiño para a redacción do seu propio informe no que considera que pulpo é unha palabra galega, e que acompañou a solicitude municipal.

Tamén a espera está o alcalde, Argimiro Marnotes, quen manifestaba onte que a decisión darase a coñecer en marzo, mostrándose moi optimista sobre dita resolución coa que persigue oficializar o termo pulpo que é o que se usa para denominar a festa de exaltación do cefalópodo o segundo domingo de cada mes de agosto, así dende hai 51 anos.

Pola súa parte, o Instituto de Estudios Carballiñeses, incide igualmente no uso popular do termo, sobre todo na Galicia do interior, e tamén na documentación atopada na Catedral de Santiago de Compostela e no Mosteiro de Caaveiro (A Coruña), entre outros lugares de referencia, para manifestar que o termo pulpum xa figuraba en documentos dos séculos XI e XII, mentras que as referencias ó polbo atopadas son moi posteriores e datan do século XV.

Os posicionamentos en favor ou en contra da admisión de pulpo traspasaron os muros da institución responsable da decisión final e chegaron a mesma rúa e medios de comunicación. Os detractores como a Mesa pola Normalización Ligüística e incluso os grupos da oposición municipal, PSdeG e BNG, consideran que é un castelanismo e critican ó alcalde do Carballiño de facer unha solicitude sen fundamento, nun intento de desviar a atención doutros problemas.

Te puede interesar