Recital de María Galiana e Luis Santana sobre Pardo Bazán
Provincia
A lembranza de Emilia Pardo Bazán volve ao Carballiño da man da actriz María Galiana e do barítono Luis Santana. A obra “Mi miquiño del alma” poderase ver no anfiteatro da Veracruz o próximo día 10, a partir das 21,00 horas.
Neste 2021 estase a celebrar o centenario do pasamento de Emilia Parzo Bazán e un dos aspectos nos que se está a incidir é na súa relación con Benito Pérez Galdós. Dos 32 anos nos que mantiveron a súa relación consérvanse 90 cartas e ese foi o material co que traballaron a actriz María Galiana e o barítono Luis Santana para crear o espectáculo.
A montaxe que este sábado chega a O Carballiño (o único espazo de Galicia onde se poderá ver xunto coa cidade de A Coruña) é un recital poético dedicado a Emilia Pardo Bazán ao redor das cartas de amor remitidas a Benito Pérez Galdós.
María Galiana é coñecida polo seu papel de Herminia, a avoa da serie de televisión “Cuéntame cómo pasó”. É licenciada en Filosofía e Letras e exerceu como profesora de Historia e Historia da Arte ate a súa xubilación no ano 2000. Galiana recibiu o Goya á mellor actriz de reparto na película “Solas”.
Luis Santana é un barítono zamorano, que comezou os seus estudos musicais aos cinco anos baixo a ensinanza de grandes mestres. Na actualidade faino co tenor español Pedro Lavirgen e con Teresa Berganza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último