Os restaurantes servirán cocido na 'Festa da Cachucha'

O Concello do Carballiño decidiu este ano suprimir o xantar oficial que se servía nunha carpa na 'Festa da Cachucha' e trasladar esta celebración ós restaurantes e mesóns da vila. Ademais, a data do evento gastronómico tamén foi aplazada dende o vindeiro Domingo de Entroido, día 19, ó seguinte, 26 de febreiro.
Así, un total de 15 establecementos de hostelería ofrecerán o típico cocido cuns prezos orientativos que oscilan entre os 9 e os 30 euros, según o programa anunciado pola Concellería de Turismo e Festexos. A xornada estará amenizada polo pasarrúas das charangas 'Castro Bello', 'Monterrei', 'Air Jalisia' e 'Doctor Anchoa', e rematará cun baile na Praza Maior, a aprtir das sete da tarde.

Por outra banda, o desfile do Martes de Entroido variará o percorrido, partindo ás 17.30 horas dende a avenida Castelao para entrar no casco urbán pola rúa Curros Enríquez.

Te puede interesar