Santa Uxía celebra en maio a 'Madanela pequena'

A comisión de festas da parroquia de Santa Uxía de Lobás do Carballiño e a Cofradía da Madanela ultiman os preparativos para a organización da 'Madanela pequena' o próximo domingo. Trátase dunha celebración relixiosa, que se desenvolve cada ano na carballeira da Madanela, onde no mes de xullo se festexa a única romaría do Concello do Carballiño.
Para este primeiro fin de semana de maio, a comisión de festas prepara unha cea, prevista para o sábado, na que poderán participar os veciños da parroquia e outros que queiran sumarse.

Para elo, instalarase unha gran carpa neste paraxe natural, no que tamén será necesario utilizar un xerador eléctrico, posto que pese as continuas solicitudes por parte dos veciños deste entorno para dotar de suministro á carballeira, polo de agora non obtiveron a resposta definitiva por parte do Concello. Nese senso, José Mon, o portavoz da cofradía, que reúne a medio cento de veciños, espera que o servizo eléctrico sexa unha realidade para a romería do 22 de xullo.

En canto a esta festa de maio, para o domingo están previstas misas dende as 9,00 horas na capela da Madanela, rematando o culto coa tradicional procesión. Despois haberá xantar popular na carballeira.

Te puede interesar