Os socialistas piden rexeitar a supresión do Partido Xudicial

O grupo municipal do PSdeG-PSOE do Carballiño presentou onte unha moción para que a Corporación inste ós organismos e institucións superiores a desbotar o proxecto de supresión do actual Partido Xudicial da comarca.
Os socialistas tamén piden a retirada, por parte da Xunta e do Goberno central, do anteproxecto de suba das tasas xudiciais. O voceiro do PSdeG, Francisco Fumega, suliña que 'o custo de emprender calquera acción legal para un veciño pode supor un problema económico que lle impida o acceso ao que por dereito lle corresponde'.

Te puede interesar