O CARBALLIñO

O teatro é un conto de nenos

photo_camera Os nenos durante a representación, no salón de actos da Casa da Cultura (Foto: Martiño Pinal)

O Festival de Teatro Galego do Carballiño ofreceu por primeira vez unha representación para os más cativos da casa

Os bebés son uns grandes espectadores. Así o demostraron onte durante a función que adicou por primeira vez o Festival de Teatro Galego do Carballiño (Fetega) ós máis pequenos. É certo que a programación contempla en cada nova edición actividades paralelas e representacións para o público infantil, pero nunca foi tan específico como nesta ocasión con "Nanocontos", un espectáculo para bebés.

Raquel Queizás, da compañía Teatro da Semente, conseguiu arrastrar ós cativos ata o mundo fantástico dunha ra que era a protagonista desta historia moi visual e de ritmo tranquilo, que se desenvolvía entre obxectos cotidiáns coñecidos polos nenos. Deste xeito, moi atentos ás preguntas que se lles facía, contestando os máis grandiños, e sen pestenexar os máis pequechos, transcurriu a representación, da que disfrutaron dende os colos dos seus pais ou avós.

"É un público moi entregado", sinalaba Raquel Queizás, unha vez rematada a función, engadindo que "son moi espontáneos e aprenden a través dos sentidos", referíndose ós bebés. A historia tiña a súa moralexa que era a de inculcar ós cativos a importancia de compartir os seus afectos cos pais, cos amigos e cos monecos, "que para eles están vivos", matizaba Queizás.

Potenciar a imaxinación e enseñarlles valores de convivencia e de empatía polo monicreque e polos outros nenos da sala, son algúns dos importantes obxectivos desta iniciativa para a que Raquel Queizás conta coa experiencia de perteñecer a unha compañía de teatro sensorial, que nestes intres, ademais de "Nanocontos", leva ós escenarios outras dúas montaxes: "Viaxe a Dadá", para nenos de 0 a 3 anos, e "Chios", ata os 5 anos.

Os rapaces tamén contaron onte coa "Fábula galénica", de Fantoches Baj, mentras que para os adultos Celso Parada ofrecía "Misterio cómico", xa pola noite. Hoxe, as 12,30 horas, na Casa da Cultura representase "Maxicosons", e no anfiteatro, ás 19,30, "Antía, Wamba e o regato pequeno", rematando a xornada con "Bye, bye honey".

Te puede interesar