Voces de todas as idades unidas no II Nadal Coral de O Carballiño
El II Nadal Coral de O Carballiño reune voces de todas las idades, con coros locais e de localidades cercanas, nunha celebración navideña chea de emoción e espíritu festivo.
Este domingo 22 de decembro ás 19,00 horas celebraráse no Templo da Veracruz o II Festival Nadal Coral, que unirá a 180 voces de coros infantís, xuvenís e de adultos do Carballiño e Ourense, e que como novidade terá outra actuación o día 23 na Igrexa ourensana de Santa Eufemia.
O evento terá carácter interxeracional, coa participación dos coros infantís Cantiga, EnHarmonía, CPR Vila do Arenteiro, CPI Terras de Maside, e do colexio La Purísima, xunto ao Orfeón do Carballiño e a Coral Gaudeamus de Ourense.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, o director do Orfeón e das corais infantís do Carballiño, Christian Casas, e a directora do coro Cantiga e a Coral Gaudeamus, Cristina Rodríguez, presentaron onte o evento, destacando a importancia de apostar pola canteira no canto coral.
Cristina Rodríguez animou a veciñanza a participar “para que o público comparta con nós un momento de interpretación de panxoliñas, porque é unha fermosa tradición que se está perdendo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio