DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
CONSELLO REGULADOR DA DO RIBEIRO
O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu á nova presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Concepción Iglesias Pousa, acompañada polo vicepresidente e secretario do organismo, Carlos Basalo, e o xerente, Luis Manuel Vázquez, co obxectivo de afianzar a cooperación entre ambos.
Luis Menor referíase ao Consello Regulador como un organismo que traballa en “conservar a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa identidade e o esforzo dos produtores, así como a calidade dos seus viños que exercen de excelentes embaixadores da marca Ourense”. Dado que Ourense é unha das provincias máis vitivinícolas de España, “o sector do viño é un dos grandes estratéxicos do noso territorio”, explicou Menor, quen lembra que desde a Deputación de Ourense “apoiamos desde hai anos directamente ás Denominacións de Orixe da provincia con achegas destinadas á internacionalización para traballar cara a apertura de novos mercados fóra de España, así como para promover o viño como un dos buques insignia de Ourense”.
A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia e unha das 19 denominacións recoñecidas en 1932 e a máis importante da provincia de Ourense. “O Ribeiro é a comarca vitivinícola por excelencia que pode presumir de ter unha identidade propia que xira ao redor da cultura do viño”, salientou Luis Menor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar