GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado polo director financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Alberto Vivero, mantivo un encontro con bodegueiros das denominacións Ribeiro e Monterrei para presentarlles o préstamo que ofrece o Igape para a adquisición de uva nas denominacións de orixe e indicacións xeográficas de Galicia pola vendima deste 2023.
Con estas achegas preténdese paliar o encarecemento dos custos de financiamento da adquisición da colleita polas adegas, pero tamén buscan facilitar o seu acceso ao crédito fomentando a participación en sociedades de garantía recíproca que avalen o 100% das operacións e, por último, permitir o cumprimento dos prazos de pago previstos na normativa.
O prazo de solicitude destas axudas do Igape está aberto dende o 25 de outubro, sendo subvencionables os préstamos formalizados con esta finalidade dende o pasado 1 de setembro, e finalizará o 15 de decembro. Posteriormente, os beneficiarios terán ata o 31 dese mesmo mes para formalizar as operacións de préstamo. Antes do 30 de xuño de 2024, e unha vez feitos os pagos da colleita, as adegas deberán solicitar o cobramento da axuda ao Igape.
As adegas que soliciten a axuda deberán incluír todas as operacións de préstamo concedidas para esta finalidade e nas condicións das bases.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
Lo último
BARRA DE MIÑO
Fiestas | Festas do Carmen 2026
UNA NIÑA, HERIDA GRAVE
Cuatro muertos, entre ellos dos menores, en un accidente en la A-67 en Palencia