Fátima Pego, cantante da orquestra Panorama, ríndese aos encantos da Arnoia
O Ribeiro
A vocalista da orquestra galega visitou a localidade do Ribeiro con motivo da Festa do Pemento
Este fin de semana a localidade ourensá da Arnoia celebra a súa Festa do Pemento. Unha celebración atípica na que a crise do coronavirus obrigou a readaptar o formato da festa gastronómica, cambiando a degustación que tiña lugar no recinto da Queixeira por unha ruta gastronómica a través dos establecementos da localidade. Entre as persoas que se achegaron ata Arnoia nesta primeira xornada destacan rostros coñecidos como o de Fátima Pego, a vocalista da orquestra Panorama. Pego degustou o producto estrela da Arnoia en compañía da súa compañeira de profesión, a cantante Tania Veiras.
A orquesta Panorama tamén se viu afectada polo covid-19, sendo unha das primeiras formacións que anunciou a cancelación da súa xira para este 2020 debido á imposibilidade de adaptar o seu espectáculo ao formato requerido pola nova situación.
Esta edición da Festa do Pemento contou con máis rostros coñecidos, como o da cantante galega Pili Pampín, quen se achegou ata a localidade ourensá para probar os pementos da Arnoia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
Rafael Torres
El sesgo
SUSTITUTO DEL OURENSANO
Vázquez Alvite, nuevo presidente del Comité Técnico en Galicia
PINGAS DE ORBALLO
Deixar que pase a tarde
CARTAS AL DIRECTOR
Maceda en Fiestas