DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia xa ten esgotadas todas as localidades do espectáculo de clausura “Iribarne”, ao mesmo tempo que a organización destaca o número récord de espectadores, aínda sen contar cos últimos días, superando as marcas dos anos de pre-pandemia que foron os de máximos históricos da MIT, en 2018 e 2019. Deste xeito, sinalan que prevese unha recadación histórica de arredor de 40.000 euros coa venda de entradas.
No pasado xoves, os espectadores tiveron a oportunidade de disfrutar coa interpretación maxistral do actor Rubén de Eguía, e para hoxe está prevista a gran coprodución desta 40 MIT: “Nada se sabe” do Centro Dramático Galego e Culturactiva.
Dentro das actividades paralelas, sinala o director artístico, Roberto Pascual, que “a presenza de Ignacio García, exdirector do Festival de Almagro, as exdirectoras do CDG Cristina Domínguez e Ánxeles Cuña nun coloquio sobre os teatros públicos e a presentación do libro sobre o Premio Abrente, marcan a sintonía de peche, tamén co programa dos satélites da MIT”.
Ademais, o actor Alberto Velasco está presente no festival tanto na realización dun curso en colaboración coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia como presentando o seu espectáculo “Mover Montañas”, recentemente premiado no festival TAC de Valladolid. Un espectáculo gratuíto, na Praza da Madalena, que entende o folclore como algo vivo, popular e moderno, non como un obxecto de museo. “Un espectáculo híbrido e unha experiencia que apela á consciencia comunitaria”, engade o director da MIT.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
JORNADA DE REFORESTACIÓN
Voluntarios plantan 700 árboles en Larouco, epicentro del mayor incendio de Galicia