Nova presentación do libro “Nomes do Ribeiro”
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle o acto de presentación da nova edición, corrixida e ampliada, do libro “Nomes do Ribeiro” de Frutos Fernández González
No acto participarán: César Llana, director do museo; Rita Abraldes, profesora de galego; Xosé Carballido, enxeñeiro agrícola, experto en viticultura; Secundino Lorenzo, profesor do Instituto de Ribadavia entre 1968 e 1977, e o autor, Frutos Fernández.
O acompañamento musical do acto correrá a cargo do grupo Ronsel de Vigo.
A primeira edición deste libro, xa esgotada, fora realizada polo Instituto de Estudios Carballiñeses, dirixido por Avelino Muleiro, no ano 2007. A nova edición, da Editorial Andavira, ademais do estudo dos topónimos ribeiraos que contiña a primeira, inclúe un completo e novidoso estudo sobre os nomes das castes de uvas características de Galicia (godello, treixadura, torrontés, ...), campo totalmente inédito nesta Comunidade autónoma.
O libro tamén se amplía co estudo etimolóxico e semántico dalgúns dos vocábulos máis característicos do Ribeiro como cavadura, culeiro ou moio, entre outros.
O acto terá lugar hoxe, ás 20,00 horas, no Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Ademais de “Nomes do Ribeiro”, Frutos Fernández ten outras publicacións como “Historia de San Clodio” e “Toponimia do Carballiño”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CHALLENGE INTERNATIONAL DU VIN
Los vinos de la D.O. Ribeiro logran seis medallas de oro en Burdeos
NUEVA FEIRA DE ARTESANÍA
Feria | Feira do Viño do Ribeiro
HOTEL BALNEARIO LAIAS CALDARIA
San Rosendo rinde homenaje a 30 trabajadores jubilados
Lo último