o ribeiro

As persoas con mobilidade reducida xa dispoñen dun taxi en Ribadavia

César Fernández xunto ao titular do taxi, Serafín Lorenzo, e tres concelleiros.
photo_camera César Fernández xunto ao titular do taxi, Serafín Lorenzo, e tres concelleiros.
O vehículo dispón dunha rampla que permite o uso de cadeiras de rodas e un escalón lateral para facilitar o acceso dos usuarios ao seu interior 

O servizo de taxis do Concello de Ribadavia conta cun novo vehículo de transporte adaptado, adquirido por un dos titulares de licenza municipal ao abeiro da orde de axudas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia para a adquisición de vehículos adaptados ás persoas con mobilidade reducida.

O taxi dispón dunha rampla que permite o uso de cadeiras de rodas e un escalón lateral, todo elo para facilitar o acceso dos usuarios ao interior do vehículo.

Na presentación do novo vehículo adaptado á xente de mobilidade reducida participaron diferentes membros da Corporación municipal de Ribadavia, que manifestaron a súa satisfacción por este novo servizo demandado fundamentalmente por as familias con persoas que teñen necesidades específicas.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, xunto cos concelleiros Enrique Rodríguez e Brais Fidalgo, de Ribeiro en Común, e Maite Rodríguez, do BNG, felicitaron ao titular da praza, Serafín Lorenzo. "É un novo servizo importante para Ribadavia, algo que non tiñamos e está claro que hai persoas con necesidades específicas que o demandan", puntualizou o rexedor. Nese sentido, César Fernández tamén valorou o feito de que o vehículo dispoña de sete prazas, ademais da do conductor, polo que prestará dobre servizo, ás persoas con mobilidade reducida e tamén a un maior número de usuarios.

Te puede interesar