A RAG recibe a placa homenaxe de 1929 a Eladio Rodríguez en Ribadavia
HOMENAJE
O concello de Ribadavia rendeulle homenaxe a Eladio Rodríguez o 17 de novembro de 1929 nun acto celebrado no salón de sesións municipal
A Real Academia Galega acaba de incorporar a súa colección a placa coa que foi agasallado o lexicógrafo Eladio Rodríguez González (Leiro, 1864 - A Coruña, 1949) na homenaxe que se lle rendeu en Ribadavia en 1929, cando era presidente da institución. A doazón desta peza foi feita por María Victoria Rodríguez Rodríguez, bisneta do protagonista do Día das Letras Galegas 2001, quen tamén lle entregou á RAG o diploma que lle dedicou o Círculo de Artesáns da Coruña ao lexicógrafo, autor do “Diccionario enciclopédico gallego-castellano”.
O concello de Ribadavia rendeulle homenaxe a Eladio Rodríguez o 17 de novembro de 1929 nun acto celebrado no salón de sesións municipal no que se lle fixo entrega da placa de prata que forma xa parte da colección da Academia. Nela gravárase a seguinte lenda: “Ribadavia ó insigne poeta e presidente d`a Real Academia Galega D. Eladio Rodríguez González, escrarecido fillo d`a terriña. Ó seu Ribeiro, 1929”. Esta mención á súa comarca natal fai referencia ao poema “Meu Ribeiro!”, incluído en “Oracións campesiñas”, volume publicado apenas dous anos antes da homenaxe.
A placa cumpre con todos os tópicos dunha homenaxe da época a un persoeiro, mais o uso do galego en plena ditadura de Primo de Rivera por parte dunha institución pública fai dela unha peza excepcional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
CRECEMENTO DE MATRÍCULAS
Avanza a bo ritmo a obra do CEIP Ben Cho Shey, en Pereiro de Aguiar