125 estudantes homenaxearán a Otero Pedrayo en Trasalba

A Fundación Otero Pedrayo celebra mañá o 125 aniversario do nacemento de don Ramón Otero Pedrayo. Na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba, reuniranse un total de 125 estudantes procedentes do Centro de Ensinanza Infantil e Primaria (CEIP) Mestre Vide de Ourense; do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro e do Instituto de Ensinanza Secundaria Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.
Os pequenos, con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos, e os seus profesores, participarán nas actividades lúdico-educativas especialmente deseñadas para a ocasión, consistentes en xogos de creación, de investigación e unha caza do tesouro.


TRABALLOS DE CLASE

Ademais, os participantes dos tres centros convidados presentarán, no salón de actos da Fundación, os materiais que foron realizando ao longo do curso nas aulas para honrar a figura do Patriarca das Letras Galegas.

Ás once horas da mañá, todos os convidados terán a oportunidade de soprar as velas da torta de aniversario coa que se formaliza a celebración do 125 aniversario do pensador e escritor galego Ramón Otero Pedrayo, en torno o que se desenrrolarán as actividades da xornada, tanto recondado e homenaxeando a súa vida e espíritu galeguista como a súa obra.

Te puede interesar