'Algo se está a construir' con los que dejan el Bloque, según Xurxo Rodríguez y Xabier Oviedo

Alcaldes del BNG contactan para organizar otro partido

Votación para elegir el consello local de Ourense. A la derecha, Carballido, que dejó la dirección. (Foto: M. PINAL)
'Si se está a xestar un partido nacionalista, pero queremos unha formación nova, sin oír falar de partes, nin de frontes, nin de porcentaxes, nin de cuotas, queremos un partido onde un militante sexa un voto'. Con esas condiciones, el alcalde de Castrelo de Miño, el nacionalista Xurxo Rodríguez, abandonará alguna el Bloque Nacionalista Galego, como ya hizo ayer su compañero de Maceda, Xabier Oviedo, y como ya anunció el de Manzaneda, David Rodríguez.
Xurxo Rodríguez y Oviedo confirmaban ayer que las reuniones son muchas y los contactos se multiplican para la creación de una nueva fuerza política resultante de todos los nacionalistas que han optado por abandonar el Bloque tras el resultado de la última asamblea nacional, que abrió una nueva etapa de control por parte de la antigua UPG, ahora Alternativa pola Unidade (APU). Rodríguez aún no ha tomado la decisión de abandonar el Bloque pero su decepción es notable, tanto que confirma que 'algo se está a construir' y que es muy probable que 'pode ser o lugar onde poderemos acabar'. Oviedo lo tiene más claro; tras comunicar ayer por correo electrónico al partido su baja y la de sus cuatro concejales, se muestra 'ilusionado' con la posibilidad de una nueva fuerza política, por lo que su salida del Bloque 'non é unha retirada, só un paso atrás de cara a unha nova etapa'.

Así las cosas, el BNG sigue perfilando la dirección de sus comités locales y comarcales, ayer constituyendo un nuevo consello local en la ciudad, del que sala todo miembro ajeno a la UPG. Como ocurrió con el consello comarcal, donde los críticos no plantearon alternativa ni se integraron en la candidatura oficialista, el consello local de ayer aprobó con el 97% de los asistentes que votaron una lista que encabeza Susana García -que sustituye a Xosé Carballido, de Máis Galiza-, con Fernado Varela de número dos y Montse Nóvoa, secretarua comarcal, de número tres.

Hoy, además, se votan los consellos comarcales de la mayoría de la estructura nacionalista de Ourense. Estarán liderados en todos los casos por la UPG con la excepción de O Ribeiro, donde tradicionalmente se han impuesto los críticos.

MONTSE NÓVOA, SECRETARIA COMARCAL DO BNG

A presencia asoballadora da UPG no consello comarcal, non supón unha exclusión da militancia doutras correntes?
Nestes momentos, ningún militante comarcal doutras correntes se deu de baixa no BNG; sen embargo, o Bloque segue a ser a casa común dos nacionalistas e despois da afluencia masiva á XIII asemblea nacional e ás asembleas comarcais previas, para nada podemos dicir que esteamos debilitados coma fronte.

Aínda hai espazo de encontro entre os gañadores e perdedores da XIII asemblea nacional?
Non creo que ninguén se poida sentir gañador ou perdedor da asemblea porque a liña do BNG está referendada ampliamente pola militancia e todo o mundo puido facer as súas aportacións e participar, de feito, había diferentes teses e as moitas delas aprobáronse con enmendas. Os textos que se aprobaron son os que teñen que marcar a nosa liña política e dentro delas creo que hai espazo para tódolos nacionalistas.

Sería posible darse de baixa no BNG e continuar no partido?
Non vexo a diferencia entre ambas opcións. Ademais, cústame crer que os cargos electos do BNG, incluso os alcaldes, por moi importantes que sexan as persoas, fosen elixidos pola cidadanía sen ter en conta o proxecto político co que se presentaron ás últimas eleccións.

O modelo bipartidista de CIU ou o multipartidista de Amaiur son extrapolables para que todas as correntes collan no BNG?
Trátase de países diferentes e de sociedades diferentes. En Galiza considerouse que o modelo en forma a de fronte era o mellor para consolidar o proxecto nacionalista porque nel están integrados colectivos de diferentes sensibilidades e non entendo outro tipo de experimentos.

En caso de que a direción de Máis Galiza decida abandonar tamén o BNG, hai algún futuro político para esta formación?
Non podo falar de futuribles. O Encontro Irmandiño tomou unha decisión, pero como digo, aquí aínda non se deu de baixa ningún militante desta corrente nin de Máis Galiza. Por outra parte, creo que o debate que se está trasmitindo á sociedade sobre os procesos internos no BNG, como se esto fose un auténtico caos, está totalmente desproporcionado polos medios de comunicación. Simplemente, trátase dunha cuestión natural no seo dos partidos, como xa ten ocurrido en moitas outras formacións políticas.

Te puede interesar