Os artistas lembran O Volter e ó Tucho

O Volter e a taberna de 'O'Tucho' serán homenaxeados hoxe en Ourense con un roteiro que sairá do mural de Faílde frente ó pavillón dos Remedios, unha lectura de poemas con música no Eirociño dos Cabaleiros e unha tertulia con viño de irmandade no Liceo de Ourense.
O acto está organizado polas fundacións Carlos Casares e Vicente Risco, en colaboración co Liceo, o Concello de Ourense e a Deputación provincial. A intención non é outra que recrear o ambiente cultural do que este local foi cerne.

O programa de actividades comenza nos Remedios, cunhas palabras de presentación, nas que estarán presentes familiares do artista, entre eles o seu fillo, Miguel Angel Faílde. O roteiro, que partirá dese punto, percorrerá algúns lugares clave e contará coa animación da escola Municipal de Teatro de Ourense.

O segundo punto do programa será unha lectura de poemas que figuraban nas paredes do Volter, a cargo de Manuel Blanco, Delfín Caseiro e Teresa Devesa. O acto terá lugar ás 19 horas no balcón da Casa de maría Andrea (na praza do Eirociño dos Cabaleiros), cun fondo musical interpretado en directo por Susana Blanco Nóvoa.

Por último, ás 20 horas no Liceo de Ourense, celebrarase unha tertulia aberta, cunha serie de convidados, entre os que se espera a presenza de convidados como Manuel Buciños, Augusto Valencia, Arturo Baltar, Acisclo Manzano, José Antonio García, Luis González Tosar, Bieito Iglesias, Alberto Almeida Rebolo, Vicente Fontenla e Afonso Vázquez-Monxardín, coordinador dos actos. A tertulia estará acompañada por un viño de irmandade, cortesía do Liceo de Ourense.

Con este acto, que tuvo a súa primeira edición no ano 2008, preténdese honrar a aquel grupo de sete artistas, entre eles Acisclo Manzano, Xaime Quessada ou Xosé Luis de Dios, que nos anos 60 crearon o grupo de O Volter e que se reunían na taberna de O Tucho, onde deixaron mostras da súa arte, en paredes e distinto mobiliario. A taberna, no Eirociño dos Cabaleiros, pechou xa nos anos 90 pero a súa lembranza segue viva. Xa hai anos que o propio Acisclo escribiu un libro sobre estes avatares dos 'artistiñas' que se reunían nesta taberna, á que lle puso nome Vicente Risco, tras coñecer o cabarñe Voltaire de Zurich.

Te puede interesar