A campaña de “Toponimízate" chega a Ribadavia e a Manzaneda
Divulgación
O especialista Vicente Feijoo impartirá este evento sobre a orixe e o significado dos nomes dos concellos, parroquias e aldeas
A Real Academia Galega vai comezar unha nova edición da campaña de divulgación da toponimia chamada "Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra". Este mes de novembro dan comezo estas charlas que pasarán polas vilas de Ribadavia e Manzaneda na vindeira semana.
O especialista Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da RAG, impartirá este evento xunto coas aportacións de información sobre a orixe e o significado dos nomes dos concellos, parroquias e aldeas, a cargo de Gonzalo Navaza, profesor da Universidade de Vigo. Este proxecto está coordinado pola RAG xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O mércores, "Toponimízate" chegará a Manzaneda cunha sesión que se impartirá ás 11,00 horas no CEIP Manzaneda. O venres será o turno de Ribadavia, que formará parte deste proxecto ás 18,00 horas no seu centro social. Os asistentes aprenderán tamén a microtoponimia no "Bucador de topónimos", como ferramenta sobre a actuación nos territorios. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCCIÓN VITIVINÍCOLA
Las heladas tardías provocan daños puntuales en las vides de la D.O. Monterrei
NUEVA APERTURA
Obramat abre este martes su almacén en San Cibrao
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 16 de abril
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 16 de abril