O Campus ourensán aínda ten catro graos dispoñibles ás portas do inicio do curso
UNIVERSIDADE DE VIGO
Tralo sexto chamamento hai vacantes no Campus de Ourense en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ambientais, Turismo e Agraria.
O Campus de Ourense xa só ten catro graos con prazas dispoñibles a poucos días de que comece o novo curso. Tralo sexto chamamento feito onte por parte da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), actualmente existen en Ourense catro opcións aínda abertas ao estudantado: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Turismo e Enxeñería Agraria. Son as mesmas que había o ano pasado a estas alturas.
Polo tanto, só catro titulación das 21 que oferta o Campus ourensán quedaron, polo de agora, sen cubrir, todas elas con arredor dunha vintena de prazas libres.
No caso do Campus de Vigo, aínda seguen tendo dispoñibilidade seis titulacións, con arredor dun cento de prazas libres: Enxeñaría Forestal, Telecomunicacións baixo o Programa Académico de Recorrido Sucesivo (PARS), Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, Tradución e Interpretación Español-Francés e Galego-Inglés, e Filoloxía Aplicada en Galego e Español.
No Campus de Pontevedra, tan só hai un grao universitario actualmente con vacantes, o de Enxeñería Forestal.
Ata o xoves
Os estudantes convocados neste sexto chamamento teñen un prazo limitado para formalizar a súa matrícula, desde o mércores 4 de setembro até o xoves 5 ás 23,59 horas. Aqueles que aínda esperan unha praza na súa primeira opción deben reconfirmar o seu desexo de permanecer na lista de espera a través da plataforma Nerta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA VIDA DE COLECCIÓN (L)
Galería | La historia de la industria a través de los suelos
"IMPORTANTES RETENCIONES"
Cortes de tráfico en la N-525 por Rabo de Galo a partir de este martes
Lo último
CONVOCATORIA DE PREMIOS
AJE Ourense busca las mejores historias de emprendimiento
AÑO JUBILEO
Una virgen consagrada, en la Veracruz
CERTAME DE BANDAS
El futuro de la música limiá alcanza el oro a nivel gallego