Catro ourensáns participarán na Olimpiada de Informática
Catro estudantes de Ourense representan ó territorio na Olimpiada Informática Galega
Catro mozos ourensáns representarán á provincia na Olimpíada Informática Galega (OIG), organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coas tres universidades galegas –Universidade da Coruña (UDC), Universidade de Santiago (USC) e Universidade de Vigo (UVigo)- e que se celebrará o vindeiro 10 de febreiro. Dous dos ourensáns son do Barco de Valdeorras, e estudan no IES Mariaguisela; os outros dous estudan no CIFP A Carballeira, un procede da cidade e outro da Merca.
O obxectivo é a promoción do coñecemento e das vocacións nesta disciplina da informática tan presente en todos os ámbitos hoxe en día e necesaria para a formación integral da mocidade de secundaria e bacharelato.
A competición consta dun conxunto de problemas, xeralmente entre catro e seis. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Cada un destes problemas describirá un escenario onde os participantes deberán desenvolver un programa que o resolva, o que require coñecementos de deseño correcto e eficiente de algoritmos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales