Cibrán Sierra: "A música é un patrimonio que debe se protexido e apoiado" 

ENTREVISTA - MÚSICA

O violinista Cibrán Sierra (Ourense, 1979) forma parte, desde fai 15 anos, do Cuarteto Quiroga.

Publicado: 05 oct 2018 - 11:46 Actualizado: 05 oct 2018 - 15:32
Cibrán Sierra.
Cibrán Sierra.

Que fai tan especial a este cuarteto?

Levamos moito tempo facendo un traballo reflexivo co obxectivo de espallar a cultura da música de cámara por todo o Estado, desde unha perspectiva renovadora, pero que teña presente os valores cos que esta música naceu na Ilustración.

De que xeito está presente Manuel Quiroga no grupo?

Alá onde imos, o seu nome xa vén con nós e iso significa que se volve falar del. A nosa presencia reactiva e funciona como interruptor que desata o interese dunha figura senlleira e bastante esquecida.

Tamén é descatada a vosa labor docente. Como ves as novas xeracións?

Estamos vivindo un momento particularmente interesante, tanto no eido interpretativo como no da composición. Sempre houbo produción de música de cámara, pero choca velo agora, cando as estruturas educativas son cada vez máis febles. A música é un patrimonio que debe ser protexido e apoiado, especialmente nas escolas.

En que investiredes o premio?

Temos un proxecto discográfico para recuperar a música escrita no século XVII, como foi Joao de Almeida, mestre na capela de Modoñedo e figura importante na corte de Madrid.

Contenido patrocinado

stats