A colisión entre unha furgoneta e un turismo provoca o envorcado de ambos vehículos

Tralo accidente, a furgoneta ficou atravesada na calzada. (Foto: Miguel Ángel)
Un home de 45 anos resultou ferido nun accidente de tráfico, o pasado mércores, ao bater unha furgoneta e un turismo, sobre as 23.00 horas. A colisión produciuse á altura da saída 224 da autovía A-52, dirección Vigo, tras envorcar o remolque que levaba a furgoneta.
Debido á envorcadura do remolque, que transportaba trigo, a circulación estivo cortada toda vez que houbo que retirar o vehículo atravesado e realizar tarefas de limpeza na calzada. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou ao ferido, J.L.S.V. a un centro médico.

Este accidente chega nun intre no que a Dirección Xeral de Tráfico solicita extremar as precaucións, toda vez que se aproxima o ecuador de agosto. Ese momento será no que coincidan nas estradas do país conductores que inician as súas vacacións, cos que as finalizan e os que se desprazan nunha fin de semana que coincide coa festividade da Asunción.

Te puede interesar