MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PUFOS E DEMORAS
Desta volta, el Concello de Ourense vén de recoñecer en xunta de goberno a necesidade de pagar 388.991,61 euros máis á concesionaria en precario do autobús urbano, por terse calculado de forma errónea os xuros de demora.
O portavoz municipal do BNG, Luis Seara, sinalou que “temos denunciado en innumerables ocasións a nefasta xestión económica do actual goberno local, xestión que está situando o Concello ao bordo do colapso”, e engadiu que “tamén temos denunciado a situación na que se atopan a práctica totalidade das concesións e as consecuencias que está a ter nas arcas municipais”.
A alta conflitividade xudicial e o xeito en que o goberno local aborda boa parte dos procedementos é outro dos factores que, segundo a formación nacionalista, “incide notablemente na economía do Concello, xa que en moitas ocasións, recórrense sentenzas e prolónganse procedementos xudiciais co único obxectivo de gañar tempo, sabedores de que os mesmos teñen escaso percorrido pero que teñen repercusións económicas para todos moi gravosas”.
O acordo acadado en xunta de goberno baséase no auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense. Corríxense e actualízanse os xuros correspondentes á execución definitiva da sentenza do procedemento promovido por Urbanos de Ourense. Estableceuse por erro, como cantidade devengada 388.991,61 euros menos, que agora haberá que pagar e que, lembra o BNG, “sairán do peto de todos os veciños”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
Lo último
VICTORIA ANTE EL CHOCO
Manel Vázquez, entrenador del Atlético Arnoia: "Era el momento de cerrar la etapa"
"NON SABEMOS SE LLES DAN COMIDA"
La familia de Alberte Pagán, el carballiñés interceptado por Israel, teme por su estado de salud
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Vergüenza infinita
IMPULSO Á LINGUA GALEGA
Un milleiro de alumnos de Ourense toman a palabra na loita polo galego no Correlingua