ACUERDO

O Concello colaborará con Baltar para obter fondos da UE

depoutación_result
photo_camera Imagen de la reunión del pasado miércoles entre Concello de Ourense y Diputación.

O goberno municipal acepta a proposta da Deputación para facer un frente común en termalismo

O Concello de Ourense acepta a proposta da Deputación de Ourense para optar conxuntamente á financiación dos fondos europeos, coa finalidade de presentar á convocatoria unha candidatura "o máis potente e defendible posible, así como considerando moi positiva a cooperación institucional en defensa dos intereses da cidadanía", especialmente en materia de termalismo, o asunto prioritario para a cidade. Nun comunicado público emitido onte, o goberno municipal socialista "dá resposta cunha boa acollida" á iniciativa de colaboración prantexada o mércores polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, nunha reunión co alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero.

"Ourense, a provincia termal", "Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente", "Ourense Provincia Intelixente" e "Competitividade Ourense" son as catro áreas susceptibles de ser financiadas pola Unión Europea; e o Concello destaca especialmente a primeira "porque non podería entenderse un proxecto termal na provincia sen a participación da capital, merecedora de recursos financieiros para desenvolver a nosa maior riqueza".

Por iso, o goberno local propón xa unha mesa de traballo con representantes das dúas institucións, na que se concrete a metodoloxía a seguir, o ámbito concreto de cooperación, os compromisos a asumir polas partes, así como as accións a desenvolver. A comisión estaría formada por representantes políticos e técnicos das dúas partes.

A nota insiste en que tanto o alcalde coma o concelleiro de Termalismo amósanse moi receptivos á proposta da Deputación, e celebran o bo entendemento e colaboración das dúas institucións para a defensa dos intereses da cidade.

A Deputación iniciou coa cidade unha ronda de conversacións, que chegará a tódolos concellos da provincia para facer un frente común e solvente co que captar fondos europeos destinados a desenvolver a provincia nos catro eidos mencionados. O proxecto, no que a Deputación pretende actuar como coordinador na súa calidade de ente supramunicipal, aínda ten un largo camiño por diante porque non están concretadas as iniciativas coas que acudir a Bruselas nin pactadas cos alcaldes, pero cre que esta é unha grande oportunidade para Ourense.

Te puede interesar