Concerto de homenaxe á faceta musical de Rosalía de Castro
Cultura
Será o vindeiro sábado 21 de novembro no Liceo
O vindeiro sábado, 21 de novembro, ás 20,00 horas, o Liceo acollerá "A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionada", da pianista Rosa Torres-Pardo (Premio Nacional de Música) e a actriz Lucía Álvarez (protagonista da serie "O sabor das margaridas"). Interpretarán a súa particular homenaxe á poeta Rosalía de Castro, enmarcada no ciclo cultural "As nosas letras na música&A música nas nosas letras", ao amparo do Plan de reactivación do sector cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19, da Consellería de Cultura e Turismo.
Ambas artistas abordarán tamén a descoñecida faceta musical de Rosalía, que tocaba varios instrumentos, o cal influíu na súa poesía, e que foi unha adiantada ao seu tempo, influíndo tamén en García Lorca. Esta idea é a que uniron o piano de Rosa Torres-Pardo e a voz de Lucía Álvarez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy martes, 22 de septiembre
NECESITÓ ASISTENCIA SANITARIA
Rescate en Castrelo de Miño: cae a un pozo y logra aguantar agarrada a la pared hasta ser auxiliada
A LA ALTURA DE CORREOS
Un choque entre una moto y un turismo en la calle Progreso deja varios heridos