Las coplas del 12 de Outubro se hacen con el premio en categoría adulto

photo_camera El alumnado del instituto interpretó sus propias coplas en las que cantaban: "A ver se melloran as cousas neste noso Ourense".
El concurso de La Región premia con 200 euros la mejor copla adulta

El ANPA del IES 12 de Outubro se hace con el premio a mejor copla en la categoría de adultos. Y esta es la pieza que el jurado del concurso de La Región pudo disfrutar junto a todos los vecinos ourensanos:

Aí veñen os maios / repletos de flores / e a primavera / cheína de cores.

Cheína de cores / e de alegría / aínda que os bosques / sofren cada día.

sofren cada día / como os neniños / que estudan tanto / para sacaren cincos

para sacaren cincos / así é o sistema / horas estudando / para saber o tema.

Para saber o tema / estamos trasnoitando / para este anos / desfrutar dos maios.

Desfrutar dos maios / que van acabando / fixeron as coplas / en bacharelato.

Coplas violetas

Benvido maio, / benvido bo tempo / estamos esperando / cos brazos abertos.

Xa nacen as flores / e veñen bolboretas. / Voan ata as lavandas / que son de cor violeta.

A cor violeta / vólvese importante / representa o feminismo / e a loita constante.

Hoxe manifestamos / igualdade nos maios / levantando as voces / como tódolos anos.

Chegaron os maios / e con eles cores / vén a miña amiga / vestida de flores.

Vestida de flores / chega a primavera / non todo é bonito / tamén veu a guerra.

Tamén veu a guerra / unha crise máis / menuda desfeita! / Pero que os animais.

Peor que os animais / somos os humanos / con tanta avaricia / que só pelexamos

Que só pelexamos / e tanto loitamos / imos ao pasado / xa estamos cansados.

Xa estamos cansados / sobe a gasolina / sóbeche o butano / e a luz da cociña.

A luz da cociña / xa non alumea / levamos dous anos / con esta pandemia.

Con esta pandemia / isto é aburrido / queremos sorrir / todos os meniños.

Todos os meniños / tamén os maiores / sen a súa máscara / xa non hai temores.

Xa non hai temores / nin queremos telos / que as restriciós / son un pesadelo.

Tenche farta á xente / este espantallo / éche ben peore / que este noso maio.

Este noso maio / tense xa que ire / a xente do doce / vaise despedire.

Vaise despedire / ata o ano que vén. / Nós só esperamos / que o pasen ben.

Non á guerra

Bos días chavalada / aquí están os maios / que o sol aluma / cos seus bonitos raios.

Cos seus bonitos raios / brillan vibrantes cores / entre cravos e rosas / temos moitas flores.

Temos moitas flores / pero pouca esperanza / quedaremos sen elas / seguindo coa matanza.

Seguindo coa matanza / da nosa natureza / quedaremos sen prados / e toda a beleza.

E toda a beleza / dos nenos ucraínos / que é dos africanos / e sirios esquecidos?

E sirios esquecidos / entre terras remotas
por culpa dos tiranos / que tocan as pelotas

Que tocan as pelotas / coma nós este ano
seguiremos coas coplas / deica outro maio

Anpa do IES 12 de Outubro

Vaia pesadelo / tamén é a escola
alí encerrados / demasiadas horas

Demasiadas horas / pouco nos agrada
vir ao instituto / para non facer nada

Para non facer nada / inda que nos manden
inda que nos digan / que senón hai parte

Que senón hai parte / estes profesores
todos cheos de exames / cos ordenadores

Sen ordenadores / chega Beatriz
cos libros do curso / e moitos máis sen fin

Moitos máis sen fin / partes de Anxelina
e as súas broncas / de todos os días

De todos os días / temos os exames
de José Ramón / sempre con embarques.

Sempre con embarques / tamén na cidade
que quen nos goberna / éche un tipo á parte

Éche un tipo a parte / este noso alcalde
vai facendo o burro / non nos sae de balde

Non nos sae de balde / é un incompetente
nada de cultura / tenche farta á xente
 

Te puede interesar