PROVINCIA QUE MÁS CRECE EN ESPAÑA
Ourense bate su récord de pernoctaciones en verano
vida
Non resulta sinxelo resumir cen anos nunhas poucas liñas. E a Coral De Ruada ten moito que contar. Foi dirixida ao longo dese tempo por excelentes directores que marcaron, cada un deles, unha etapa: Daniel González, Isolino Canal, Manuel de Dios, Bruno Fuentes, Javier Jurado, José María González, Juan José Rumbao e o actual Xoán Antón Vázquez Casas. Con todos estes directores, De Ruada actuou nos principais teatros de Galicia, percorreu case toda España, viaxou varias veces a América, participou varias veces no festival intercéltico de Lorient (Francia), gravou un gran número de discos, casetes e CD’s, participou en varios filmes... e todo o que virá. Samuel Lago, o seu presidente, achéganos algo da intensa traxectoria da Coral.
Metidos de cheo no seu centenario e botando a vista atrás, que supón todos estes anos para a entidade?
Todos os coralistas nos sentimos orgullosos de coller o relevo de tantas mulleres e homes que pasaron por De Ruada, facendo da Coral unha entidade de prestixio e moi respectada tanto en Ourense como en Galicia e mesmo en España.
Houbo algún momento que temesen pola súa continuidade?
Houbo varios momentos, en distintas épocas, en que a Coral estivo a piques de desaparecer. Sempre por conflitos internos. No primeiro cuarto de século había en Galicia preto de trinta Coros Galegos semellantes ao noso e, de todos eles, soamente quedan catro: Toxos e Froles de Ferrol, Cántigas da Terra de A Coruña, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e De Ruada. Os demais desapareceron por causa dos conflitos que xa comentei. Pero en De Ruada sempre apareceron persoas coa claridade de ideas e a xenerosidade suficientes como para entender que, por enriba das persoas, por moi importantes que fosen, estaba a institución.
A súa fama esténdese alén das fronteiras galega que dan mostra da súa intensa actividade e do ben que o fan. Que lle aportan?
Moitas satisfaccións e autoestima. A xente en Ourense quérenos moito e aprecia o noso labor, pero está moi afeita a vernos e escoitarnos. Neste sentido, as actuacións fóra de Galicia sempre son moi entrañables, con moitos paisanos escoitando e aplaudindo as nosas cantigas con bágoas nos ollos. Case sempre saímos ós do concerto tan emocionados coma eles.
Ademais, numerosos recoñecementos os distinguen. Que supón para a Coral?
Unha enorme satisfacción e un grande orgullo polo que supón de recoñecemento ao noso traballo e ao dos nosos antecesores de tantos anos. Tamén porque, dalgún xeito, os recoñecementos á Coral De Ruada son recoñecementos a Ourense, do que nos sentimos embaixadores.
Cal é o principal reto de Coral de Ruada?
Sen ningunha dúbida o relevo xeracional. Tamén completar o modelo fundacional. Xa recuperamos a escola de instrumentos populares e o grupo de teatro. Quédanos por recuperar o grupo de baile.
No que atinxe ao reto do relevo xeracional, como buscan a incorporación de novas voces?
Por medio da escola de instrumentos populares, a través do que xa se están incorporar rapazas e rapaces. E mediante a colaboración con coros infantís e xuvenís. Tamén adoitamos facer unha convocatoria de novas voces a principio de cada curso.
Cales son as voces máis demandadas? Como se fai o “casting"?
Actualmente, as voces máis difíciles de incorporar son as masculinas e, dentro destas, os baixos e os tenores primeiros. Os “castings” son moi sinxelos. Hai que ter en conta que non se trata dun coro profesional. Valóranse os coñecementos musicais ou a experiencia noutros coros, pero pódese acceder sen ningún destes dous requisitos sempre que se supere unha moi doada proba de entoación que fai o director.
Ante unha actuación, como seleccionan o repertorio?
Depende de varios factores. Temos repertorio relixioso, para a celebración de misas, de panxoliñas e cantos de Nadal. Pero a meirande parte dos nosos concertos consisten nunha mestura equilibrada do noso repertorio popular, con acompañamento do grupo de música tradicional, e polifónico galegos. Nestes casos, depende da duración, se é nun teatro, nunha igrexa, no exterior...
Como adaptan os temas?
Como acabo de dicir, a meirande parte dos nosos concertos consisten nunha mestura equilibrada do noso repertorio popular e polifónico galegos, aínda que tamén dispoñemos no repertorio de música non galega. As cantigas galegas populares pódense cantar na súa versión orixinal ou harmonizada. Na Coral De Ruada tivo, e segue a ter, unha gran importancia a excelente preparación musical de tódolos seus directores, que realizaron fermosísimas harmonizacións de temas populares e mesmo composicións propias de moito éxito.
Algún proxecto a curto prazo?
Rematar as actividadesprogramadas para o Centenario co mesmo nivel de éxito, cando menos, que as xa realizadas.
Nestes anos, cal diría que é o recordo máis bonito que gardan?
Seguramente as viaxes transoceánicas e os múltiples galardóns que nos foron concedidos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROVINCIA QUE MÁS CRECE EN ESPAÑA
Ourense bate su récord de pernoctaciones en verano
INFORME DE LA SEOPAN
La cuenca Miño-Sil requiere 1.500 millones de inversión
Lo último
AGUA Y TERRITORIO
PSOE y BNG piden una nueva gestión del agua en Ourense
DOCUMENTAL
Proyección de “La ilusión de la abundancia”