A Deputación de Ourense mobiliza case 400.000 euros en axuda á cultura
VARIOS EVENTOS APOIADOS
377.957,98 euros foron destinados á cultura por parte da Deputación de Ourense
A xunta de goberno da Deputación mobilizou esta semana 377.957,98 euros, dos que 180.766 euros serán para a cooperación municipal con sete concellos da provincia e 197.191,98 euros serán para diferentes entidades. Varios eventos de relevancia contarán co apoio da Deputación.
O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) e a Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) percibirán en conxunto unha achega de 39.000 euros, e o Campionato de España de Atletismo en pista cuberta, 60.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último