ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
ECOAGRO
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o vindeiro martes, 1 de outubro, a nova liña de axudas para apoiar a destilación de crise nos viñedos da Ribeira Sacra. A medida conta cun orzamento de 500.000 euros, pero poderá ampliarse ata os 2,4 millóns de euros de ser necesario.
Neste sentido, apoiarase a destilación voluntaria de viños tintos amparados pola Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra, co fin de equilibrar o mercado e facilitar que as adegas liberen capacidade para poder afrontar a entrada de uva da colleita da vendima deste ano. Esta medida é parte dunhas axudas nun contexto internacional de descenso xeneralizado no consumo e comercialización de viño, especialmente dos tintos
Cabe sinalar que o montante destas achegas procede integramente de fondos propios da Consellería do Medio Rural, e responden á cantidade autorizada pola Comisión Europea como cifra máxima para a medida. A axuda será de 1,05 euros por litro de viño destilado.
Poderán ser beneficiarias as empresas vitivinícolas elaboradoras de viño tinto amparado pola DO Ribeira Sacra e que cumpran unha serie de requisitos establecidos na orde como, entre outros, que tiveran comprado uva na campaña 2023-2024 a persoas viticultoras, ou que utilizaran uva dos seus propios viñedos.
Tamén se destinarán 2 millóns de euros a unha liña de axudas para a conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do 2 de outubro, día seguinte da publicación desta orde no DOG. A destilación de crise poderá realizarse, como data límite, ata o 15 de novembro de 2024, e o alcohol obtido destinarase exclusivamente para o seu uso en procesos industriais, co fin de evitar distorsións da libre competencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
CASI 2.000 PERSONAS
Luz Casal ilumina Ourense en el cierre del Ou Yeah!
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
1940: el Barça de los militares y falangistas