PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Ourense
A Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal entregaron onte os premios do IV Concurso de microrrelatos a nove historias de menos de 1.200 palabras. As gañadoras das categorías xuvenil e de adultos son dúas ourensanas: Alba Guzmán e Paloma de Toro, respectivamente. O propósito destes premios é reforzar a presenza da lingua e da identidade propias. Os presidentes de ambas institucións, Víctor F. Freixanes e Manuel González entregaron os galardóns nun acto celebrado na sé da RAG.
A gañadora na categoría de adultos, Paloma de Toro, de 36 anos, asegura que é “unha honra” recibir este premio, e destaca que está “moi ben premiar a quen pense e se exprese en galego, que nos nosos tempos é un acto revolucionario”. Tamén afirma que é un territorio “para dar visibilidade a xente neofalante ou que está comezando a expresarse en galego”.
Sobre o texto, “Non te gastes”, comenta que o redactou a noite antes de que pechara o prazo, aínda que tiña “outros textos que escribo para min”. Conta tamén como decidiu comezar a compartir os seus escritos despois de asistir a un curso impartido pola escritora Montse Fajardo, que lle trasmitiu o seu ánimo a que compartise os seus textos.
O texto nace dunha acción cotiá, tapar un sofá cunha manta, un acto arraigado na vida de moitas mulleres e que se trasmite de xeración en xeración. Asegura que lle gusta “pensar en detalles, e que desas caviladas saíu este texto”. Tamén o seu primeiro libro, que se publicará en breve e titulado “A Receita do Queixo Luar” ten a orixe neses “pequenos detalles cotiáns”.
Alba Guzmán, a gañadora do premio xuvenil, ten unha concepción da escrita moi crítica e de reflexión social. O seu relato, “Bolboreta”, visibiliza a realidade das persoas transexuais e denuncia a discriminación que sofren dende a escola. Esta ourensá ten xa 17 galardóns polos seus escritos, tanto de poesía ou ensaio xornalístico, pero a narrativa breve é o seu xénero predilecto. “O que máis me gusta é o microrrelato e sempre procuro que teña algún tipo de mensaxe social”, conta Alba.
Ambas historias, xunto coas outras premiadas e as finalistas, foron publicadas na edición en papel de Luzes, que ademais agasallou unha subscrición á revista dixital. Ademais, as gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
TIRÓN INMOBILIARIO
La compraventa de vivienda apunta a otro año de récord en Ourense
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 29 de octubre
CONVERSACION ENTRE IMPLICADOS
Audio | La conversación entre el centro de control y el maquinista antes del accidente de Urda: "Reanude marcha"
PRIMERA FEDERACIÓN
El ourensano Javi Rey asume el banquillo del Sant Andreu