Ángel María Carracedo: “Entender máis sobre o mundo que nos rodea fainos máis libres"
A ciencia precisa da divulgación para achegarse á sociedade e dar a coñecer as investigacións, as preguntas sen contestar aínda, as respostas acadadas. O catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel María Carracedo, defende o papel comunicador dos científicos na consecuención da liberdade social. "Teñen que cambiar moitas cousas para iso", asegura, consciente da falta de relevancia que se otorga tradicionalmente á divulgación. Carracedo participou onte no encontro de secretarías de consellos sociais de universidades españolas.
Que gañaría a sociedade de coñecer máis o mundo científico?
A xente entendería mellor non só o traballo dos investigadores en si, se non tamén o mundo que lles rodea, as limitacións, os problemas que temos...
Cando fala de divulgar non se refire a publicar resultados en revistas especializadas.
Non, iso é diferente. Cando tes o resultado dunha investigación comunicas os resultados mediante unha publicación, pero non é o mesmo que divulgar o teu traballo. Baixo a miña opinión, deberíamos ter compromisos éticos e estándares para delimitar que hai que comunicar e que non. Parece que todos son éxitos, que facemos miles de cousas, cando a realidade é distinta.
A quen se lle debería contar?
A todos, tanto aos rapaces de Primaria, Secundaria ou Bacharelato como aos universitarios. Empezar polos máis pequenos, pero chegar a sociedade en xeral. É a única forma de dar a coñecer o que se fai e de que a xente comprenda o que facemos, pero tanto na ciencia como no resto de actividades, como no dereito, na historia...
Podería parecer que os investigadores viven no seu mundo.
Dalgún xeito si, toda a xente que está nas universidades debería ter máis compromiso coa divulgación, pero é certo que no seu currículo debería ter algunha importancia, e actualmente non se lles ten en conta para nada.
Descoñécese o seu traballo?
Totalmente. Pero divulgar non é unicamente poñer en valor a labor do investigador, é para algo máis importante, é contar o que fas, como están as cousas… Investigar é preguntarse o por que das cousas porque hai moitas cousas que non sabemos. Simplemente que e que a xente entenda: isto se sabe, isto non se sabe... Esta é realmente a forma de que a xente entenda o mundo que os rodea. Todavía quedan retos por facer, hai moitas preguntas sen resposta aínda... É máis que poñer en valor o noso traballo.
Teñen tempo para dar a coñecer o seu traballo cando tamén están sometidos a presión de publicar, de rematar a tese...?
Hai rapaces que están facendo ese traballo adicional, que ademais de realizar a súa investigación, tamén dan a coñecer o que fan ao resto do mundo. Pero tamén hai que motivalos dende as institucións educativas, xa verías como colaborararían na divulgación se tivese valor académico. Para iso os que elaboran os programas teríanse que dar conta da súa importancia.
Por que non se lle da importancia?
Porque hai moita inercia, e todo vai moi lento no mundo educativo. Hai que empezar a cambiar moitas cousas, a potenciar o papel que xoga a ciencia na sociedade.
En casos como o do coronavirus, unha maior divulgación científica axudaría a calmar a alerta?
Seguramente. Coñecer e entender máis do que nos rodea fainos máis libres, diso non hai dúbida ningunha.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CARRETERA EN MAL ESTADO
Los usuarios, hartos del abandono de la N-120: “Está deshecha, es peligrosa”
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior
PEOR CALIDAD DE SUEÑO
El uso de pantallas influye en el sueño de los jóvenes
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
España se escribe sin hache